O pasado ano o Concello de Ribeira impulsou un acto para recoñecer o labor das mariscadoras do municipio co gallo do Día internacional da muller no sector marítimo, que se conmemora o 18 de maio. E neste 2025 haberá unha nova homenaxe: destacarase a importancia das redeiras na pesca local.