A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) deu a coñecer as súas valoracións nas que un ano máis recoñece os mellores areais de todo o mundo, seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sostibilidade, accesibilidade e servizos. Galicia terá neste 2025 108 praias en 35 municipios galardoadas coa bandeira azul. Logro que destacou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
GALICIA CONTARÁ CON 108 PRAIAS CON BANDEIRA AZUL, CONVERTÉNDOSE NA TERCEIRA COMUNIDADE CON MÁIS GALARDÓNS.


