Ribeira

XOSÉ RAMÓN FANDIÑO AFONDOU NA FIGURA DE ISAAC DÍAZ PARDO NA SÚA CONFERENCIA “MEMORIA DO COMPROMISO”

O pasado 1 de abril foi o Día das Artes Galegas 2025 e este ano réndese homenaxe ao creador compostelá Isaac Díaz Pardo. Neste marco o Museo do Gravado de Artes está a coller unha serie de charlas centradas no artista e galeguista. Onte foi a quenda da segunda conferencia que correu a cargo de Xosé Ramón Fandiño e que tiña por título “Memoria do compromiso”. Nela fixo un percorrido pola vida de Díaz Pardo, dende a súa infancia e comezo na arte ata a súa época de empresario, pasando pola súa fuxida tras o levantamento militar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.