O marisqueo non está a pasar polo seu mellor momento polo que a Administración autonómica e as confrarías buscan solucións a esta problemática. Esta tarde o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, estivo cos profesionais de Aguiño no momento de sementar un dos seus bancos de traballo con cría de ameixa babosa.