O que parecía unha viaxe idílica estase a converter nun pesadelo. Máis de cincuenta españois, entre os que se atopan dous veciños do Barbanza, non poden regresar a España. A odisea dos viaxeiros comezou en Tailanda, concretamente no aeroporto de Bangkok. Tiñan que coller un avión para Jeddah, en Arabia Saudí, para facer escala e logo coller outro rumbo a Madrid, pero ao ir a facturar atopáronse con que o voo estaba cambiado. Finalmente non saíu, atrasándose dous días. A compañía propuxo unha alternativa afirmando que ao chegar a Jeddah nunha nova conexión estaría alí agardando un avión para poñer rumbo a Madrid, algo que non pasou.
MEDIO CENTENAR DE ESPAÑOIS, ENTRE ELES DOUS VECIÑOS DA COMARCA, LEVAN DÍAS DE ESPERA SEN PODER REGRESAR AO PAÍS


