A Deputación provincial segue avanzando no ámbito social. Este mércores entregáronse os IV Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais. Os premios pretende poñer en valor o traballo das entidades sociais e dos profesionais que cada día intentan mellorar a vida dos máis vulnerables.
As entidades premiadas nesta edición foron a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, a Rede Europea contra a Pobreza, a Federación Galega de Esclerose Múltiple, a Asociación Raíña Paraíso, a Fundación Meniños e a Asociación Arraianas.
Durante o acto, o presidente do ente provincial destacou a labor destas asociacións e profesionais, calificándoos como a luz que moitas persoas precisan para manter a esperanza.
A Deputación da Coruña dota con 42.000 euros estes premios (7.000 € a cada unha das entidades premiadas), que servirán para que podan seguir desenvolvendo e consolidando os seus proxectos.
Formoso destacou tamén o compromiso da Deputación da Coruña co ámbito social, que conta este ano cun investimento sen precedentes de máis de 33 millóns de euros, converténdose na segunda partida máis elevada do orzamento provincial, só por detrás do Plan Único, o programa que financia obras e servizos nos concellos.
Entre as principais iniciativas, o presidente subliñou os programas de reforzo dos servizos sociais municipais ou o POS Social, que permiten aos concellos contratar a 180 profesionais e financiar máis de 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar cada ano, o reforzo da Rede de Casas de Acollida, o novo modelo de residencias públicas que promove a Deputación ou as liñas de axudas que chegan a preto de 300 entidades sociais da provincia, axudándoas a desenvolver o seu labor.

