.- O Parque de Aventura Arbóreo Ecosaudable que se vai situar no Periurbano de San Roque empeza a cobrar forma, despois de cinco días de traballo a cargo da empresa adxudicataria desta actuación, Kongo Bongo S.L..
Así, quen se achegue á zona de merendeiros deste enorme espazo ambiental emprazado a carón da cidade poderá observar unhas plataformas de madeira suspendidas das árbores: estruturas estas que van formar parte dos xogos que integrarán un parque de aventura que foi ideado polo Concello de Riveira para que San Roque se converta nun lugar de referencia para toda a familia en canto ao disfrute do turismo activo e actividades de aventura.
A execución do proxecto foi adxudicada á citada Kongo Bongo, S.L., por un importe que ascende a 79.285,25 euros. A actuación está cofinanciada con fondos Leader e o prazo de realización é dun mes.
http://youtu.be/KCOfQ-TnmWg