Os días 4 e 5 de xullo estarán ocupados en Noia por unha nova edición do Congreso Internacional de Innovación en Odontoloxía. O Liceo noiés acollerá un evento punteiro en canto á calidade dos poñentes e dos alumnos que a el asistirán.
É o terceiro ano consecutivo que Noia é a vila escollida para albergar este evento.

