Feijóo Defende A Unidade De Acción Entre A Xunta, Emprendedores E Entidades Financeiras Para Incrementar O Peso Das Exportacións No Pib Ata O 40% En 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe a unidade de acción entre a Xunta, emprendedores e entidades financeiras, para incrementar o peso das exportacións no PIB ata o 40% en 2020. Con este obxectivo reuniuse hoxe coas principais empresas exportadoras galegas no Foro da Internacionalización. Conscientes de que competir fóra non só é o mellor xeito de saír da crise senón de estabilizar a nosa economía, Feijóo presentou no foro a Estratexia de internacionalización da Empresa Galega 2020 aprobada pola Xunta, coa finalidade de enriquecela neste encontro. Ao fío disto, o presidente da Xunta lembrou que esta estratexia conta con tres retos fundamentais: incrementar o número de empresas que están exportando, incrementar o volume das exportacións e seguir insistindo na atracción de investimentos a Galicia. Todo iso, baseándose en cinco grandes eixos.

http://youtu.be/UI0oilTHN_I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.