O Goberno local de Boiro avanza nos seus proxectos para esta lexislatura e vén de anunciar a actualización da Relación de Postos de Traballo, que afecta a máis de 200 empregados municipais. A súa aprobación inicial debaterase no pleno da corporación que se celebrará mañá mércores e sobre este documento afondou a concelleira de Persoal, María Outeiral, quen definiu o proceso de traballo arduo.