Baixo o título, ¿AVANZAMOS? OS DEREITOS DAS MULLERES E DAS NENAS, esta exposición editada por Amnistía Internacional e composta de 7 paneis trata de concienciar sobre a desigualdade por razón do sexo en distintos países do mundo. Situacións que provocan que as mulleres e nenas corran máis riscos e se concontren en situación de especial vulnerabilidade, cando por diversas circusntancias teñen que fuxir dos ses países de orixe, aumentando os casos de violencia de xénero, explotación sexual ou a matrimonios forzados.
A casa mariñeira do parque do Castelo da Pobra alberga estes días unha exposición que pon de manifesto os problemas aos que se enfrontan as mulleres e nenas en todo o mundo.
Please login to join discussion