Cheo absoluto na cuberta do Concello de Boiro para asistir ao espectáculo de Cen Pliés. Co gallo do día da danza, a escola de baile organizaou na casa consistorial unha exhibición a cargo das súas alumnas de ballet.
Un total de 65 rapazas de ata 21 anos deleitaron aos espectadores cos seus mellores movementos sobre a pista de baile.