O Concello de Boiro vén de presentar un ambicioso proxecto para rehabilitar de forma integral a Casa da Cultura do municipio. Para desenvolvelo recibirá unha subvención de 1,5 millóns de euros do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible e do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Investimento que se sumará á achega local xa que o proxecto ascende a 3,8 millóns de euros. Con esta reforma búscase adaptar a instalación ao século XXI.