GRANDES RESULTADOS DOS ATLETAS DA COMARCA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA QUE SE CELEBRARON EN SANTIAGO

O atletismo comarcal segue a gozar de moi boa saúde. A base está a firmar grandes resultados pero os atletas máis veteranos non se quedan atrás. Esta fin de semana disputáronse en Santiago os Campionatos de Galicia de Atletismo e diferentes deportistas do Barbanza colgáronse metal e fixeron un gran papel. Un deles foi Israel Benítez que se proclamou subcampión galego nos 10.000 metros lisos na categoría M45.
25042025 11 ATLETISMO CAMPIONATO GALICIA

Salir de la versión móvil