Deportes

DUELO CLAVE PARA O PORTUS APOSTOLI. OS NOIESES XÓGANSE CO VALDEPEÑAS A PERMANENCIA NA CATEGORÍA

Tan só faltan catro xornadas para que remate a Primeira División de fútbol sala e quedan aínda moitas cousas por decidirse. Unha delas é o descenso, algo que afecta directamente ao Noia Portus Apostoli. Agora mesmos os brancos son décimo cuartos e están empatados a puntos co Ribera Navarra, equipo que marca o descenso. O conxunto dirixido por David Palmas afronta catro finais, a primeira esta fin de semana coa visita ao Viña Albali Valdepeñas, rival directo. Os noieses chegan en boa dinámica logo de proclamarse campións da Copa Galicia e de superar na casa ao Manzanares na última xornada ligueira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.