Duelo de vital importancia o que xogará este domingo o Valiño. Os de Cabo de Cruz xogarán no campo Graciano Padín ante un Soutomaior xa descendido. Unha oportunidade de ouro para aumentar a renda de 5 puntos sobre o descenso, o que deixaría a súa permanencia matemática case finiquitada, á agarda de posibles arrastres.
Na parte alta quenes podne facer un favor ao Valiño son os xogadores do Unión. Mídense ao San Adrián, inmediatos perseguidores dos de Cabo e cun pé e medio en Segunda.