Moverse en coche é case unha necesidade para moitas persoas, mesmo dentro do casco urbano de vilas como Ribeira. Un dos grandes problemas ao que se enfrontan os condutores é aparcar o seu vehículo. A falta de prazas de estacionamento non gusta a moitas persoas, condenadas a dar interminables voltas polos municipios buscando un sitio para o seu automóbil.
Moitos veciños de Ribeira aseguran que nesta vila, de non ser polo espazo portuario, non sería nada doado estacionar o coche.