A solidariedade dos veciños e veciñas de Ribeira coa doazón de sangue fixo que a Axencia Galega de Doazón de Sangue escollese este municipio para impulsar unha acción piloto no marco da campaña “Mensaxeiros Solidarios” co fin de concienciar sobre a importancia desta materia ós mais novos. Pra elo repartiranse 1.100 exemplares dun conto de Os Bolechas titulado “Papá Bolechas doa sangue” entre todo o alumnado de Infantil e de primeiro de Primaria dos doce centros educativos de Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=DqdAQEcypoI