Quedan menos de tres meses para que arranque unha das citas máis agardadas do verán na comarca, a Festa da Dorna. A Real e Ilustre Cofradía da Dorna celebrou este sábado unha Asemblea de Peñas na que se desvelou a programación desta 77 sinjladura e tamén anunciouse unha actividade coa que se queren quentar motores e que se celebrará este sábado 26 de abril: o pasafanequeiras.