A Semana Santa rematou e o Noia Portus Apostoli cumpriu un dos seus obxectivos fixados para esta temporada: conquistar a Copa Galicia. O xoves os brancos medíronse ao Leis Pontevedra, rival ao que superaron nun encontro con moitos goles para facerse co seu cuarto título autonómico seguido. O marcador final foi de 3-7 e os brancos comezaron mandando dende o principio este duelo.