A sección sindical da CIG en Froiz promoveuse unha concentración que se desenvolveu esta mañá ás portas do Hiper Froiz de Boiro. O pasado mes de decembro iniciaron unha campaña de denuncia contra a precariedade que padecen os traballadores desta empresa. A portavoz da CIG, Lucía Freire, afondou nas causas que levaron ao sindicato a realizar esta mobilización.