O Museo do Gravado de Artes é un dos puntos máis dinámicos da cultura do Barbanza, con numerosas exposicións e actos que acolle ao longo do ano. Este mes de abril presentou xa dúas mostras xa que tras “Ediciones de Stad 1988 20202 José Sevillano” foi a quenda de Leonardo Rial con “Mirar Pro Fondo” que xa loce nas paredes da galería dende o venres. Trátase dunha mostra que chega ao museo en colaboración co Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea de Vilariño.