As augas que bañan o porto da Pobra do Caramiñal acolleron esta fin de semana o Campionato Provincial da Coruña de Bateis. Máis de 500 remeiros déronse cita para conseguir un posto no Galego polo que a emoción do remo foi protagonista os dous días que se celebrou este provincial.