Ribeira acolleu unha xuntanza encabezada polo decano do Colexio Provincial de Avogados da Coruña, Augusto Pérez-Cepeda, cos profesionais do municipio pola centralización dos casos de Violencia de Xénero en Santiago. O colectivo amosou a súa preocupación polas posibles consecuencias que terá este cambio e a perda de competencias civís e penais que terán os partidos xudiciais de Ribeira, Muros e Noia.