Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ENTREGA OS 14 PREMIOS DO CERTAMES CULTURAIS NA SÚA IV GALA DA CULTURA

A reivindicación do patrimonio cultural acaparou os focos da IV Gala da Cultura da Deputación da Coruña. Un evento que encheu o coruñés Teatro Colón, e que estivo conducido por Susana Pedreira, contando ademais coas actuacións de Alana e Fran Sieira.

A gala comenzaba coa benvida da deputada de cultura, Natividade González, que reivindicou a cultura como o alento que nos permite mirar o mundo con empatía, valentía e alegría. Destacou a forza dun país talentoso, orgulloso e moi vivo que atopa na creación artística a arma máis poderosa; unha ferramenta de liberdade e xustiza.

Pechaba a gala o presidente, Valentín González Formoso, que subliñou o papel da Deputación como motor cultural da provincia. Sinalou tamén a ambición do ente provincial de facer a cultura accesible a toda a cidadanía, a todos os concellos, con ferramentas tan potentes como a Rede Cultural, que cada ano programa máis de 2.200 espectáculos nos 93 municipios coruñeses, ou co apoio que prestan ás bibliotecas e ás escolas de música e danza dos municipios máis pequenos.

A Gala da Cultura repartiu ata 14 premios en 9 categorías. O Barbanza tivo representación no certame da man do poeta Gonzalo Hermo, natural de Taragoña, ao levar o premio González Garcés de poesía.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.