Quedan só seis encontros para o desenlace da Terceira RFEF. Seis partidos que para o Boiro son coma finais. Con 30 puntos, encabezan a loita pola salvación na décimo primeira posición, empatados iso si a puntos con outros catro equipos.
Esta semana reciben ao Valladares, tamén con 30 puntos, pero na décimo cuarta posición. Suman dous encontros sen perder e recibirán a un Boiro desexoso de levar a vitoria. Os de Tizón viaxarán a Vigo coa intención de volver con tres puntos para casa e dar un paso máis na loita pola salvación.