Un dos espazos verdes máis visitados en Boiro é o Parque Aventura do Estuario do río Coroño sen embargo nos últimos días está a perder parte dos seus elementos. Iso é o que denunciou esta mañá o portavoz do PP local, Fernando García Diéguez, que afirmou que o Goberno municipal está a desmantelar este punto característico do concello.