Ribeira

A CIG CONVOCA CONCENTRACIÓNS NAS RESIDENCIAS DEMAIORES PRIVADAS ESIXINDO MELLORAS NO CONVENIO COLECTIVO DOS TRABALLADORES.

Os traballadores de residencias privadas e centros de día comezan dende hoxe, da man da CIG, unha serie de concentracións esixindo melloras no seu convenio colectivo. O aumento do salario, próximo ao mínimo establecido por lei, ou cambios nas condicións laborais son algunhas das peticións do sindicato.

As concentracións comezan hoxe por toda Galicia e rematarán o 21 de maio. No Barbanza haberá mobilizacións nas residencias de Artes, Ribeira e Noia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.