A arte non entende de fronteiras nin de obstáculos polo que recentemente aterrou en Arxentina unha exposición que pasou en febreiro polo Museo do Gravado de Artes. Xan Leira regresou á súa terra natal para expoñer a súa mostra “807/36, Memorias Grabadas”. Está formada por 42 estampas e nela recolle as súas memorias familiares na época franquista e que agora pode coñecerse en no Centro Municipal de Arte de Avellaneda, Bos Aires.