jueves, septiembre 28, 2023

A Xunta pide o aprazamento e modificación da normativa que obriga aos concellos a dispor dun tesoureiro que sexa habilitado nacional

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo esta mañá, acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, unha xuntanza cos responsables a nivel autonómico do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da nosa comunidade, na procura de solucións para poder garantir o mellor funcionamento dos concellos galegos.

Alfonso Rueda analizou cos responsables dos colexios galegos diferentes cuestións que afectan ao colectivo de funcionarios de Administración Local con habilitación nacional, entre as que destacou principalmente a obriga para os concellos de menos de 20.000 habitantes de dispor dun habilitado nacional para as labores de tesourería.
O Goberno galego xa mantivo tamén reunións coa Fegamp para, entre todos, procurar solucións á norma do Goberno central, que dende o 1 de xaneiro establece a obrigatoriedade de que haxa un posto de tesoureiro no concello cuberto por un habilitado nacional, o que conleva que nalgún caso puntual algún concello tivese problemas para poder proceder a aboar os pagos.A Xunta en consenso cos responsables de Cosital, e buscando acordo coa Fegamp, dirixirase ao Ministerio para solicitar o aprazamento da entrada en vigor da norma e a ampliación do período transitorio para que as modificacións legais oportunas se poidan aplicar.

https://www.youtube.com/watch?v=RVQFhxFKJ_w

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.