A pasada fin de semana os bateis foron protagonistas do calendario deportivo da Pobra do Caramiñal. As augas que bañan o seu porto foron as escollidas para vivir a emoción da segunda final de finais da liga galega de bateis na que competiron os mellores equipos das ligas Norte e Sur en todas as categorías. Entre eles houbo dous que destacaron, Cabo da Cruz e chapela xa que cada un pechou a súa participación con catro vitorias.