Icono del sitio CanalBarbanza.com

ESTEIRO CONTINÚA COA INCERTEZA ARREDOR DAS SÚAS CARRILANAS

As Carrilanas de Esteiro afrontaban neste 2025 o seu 36º aniversario. A festa, de Interese Turístico Nacional, concentra na localidade a milleiros de persoas grazas á Baixada das Carrilanas e ao festival de música, algo que, polo que parece, non ocorrerá este ano.

A negativa da Asociación Carrilanas de Esteiro a organizar o evento deixa a festa no aire, sen posibilidade de celebración. Unha decisión dende a organización que colleu por sorpresa ao Concello de Muros.

Salir de la versión móvil