O Eroski Center de Ribeira acolleu esta mañá un acto especial. No seu interior atopábanse responsables de Vegalsa-Eroski e representantes e usuarios da Asociación Amicos, protagonistas unha vez máis da unión das dúas entidades. Nesta ocasión a compañía galega de distribución alimentaria entregou 5.015,81 euros a Amicos, unha doazón que se destinará a reforzar proxectos medioambientais e de inclusión sociolaboral.
VEGALSA-EROSKI E OS SEUS CLIENTES DOAN MÁIS DE 5.000 EUROS A AMICOS


