A confraría de pescadores de Rianxo foi o lugar escollido para manter unha xuntanza entre profesionais do mar da comarca e representantes do PSdeG-PSOE. O eurodiputado Nicolás González destacou a importancia de manter estas reunións para coñecer a realidade, as inquedanzas e as necesidades dos traballadores deste sector tan relevante no Barbanza e en Galicia.