Deportes

DERBI DA RÍA DE AROUSA NA TERCEIRA RFEF

Espadas ao aire en ambas beiras da ría de Arousa co derbi deste domingo. Boiro e Arosa veranse as caras en Barraña en situacións case opostas. Os locais chegan aínda inmersos na loita pola salvación dentro da longa nómina de equipos pelexando por afastarse do descenso.

Figuran na décimo terceira posición con 29 puntos, só dous por enriba do Valladares, conxunto que marca os postos de caída á Preferente. Os seus rivais chegan ao encontro na zona media alta despois de perder forza cunha mala xeira de resultados e caer dos postos de fase de ascenso. Son sextos con 43 puntos, a cinco da promoción e sumando só 4 dos últimos 15.

O precedente esta temporada no campo da Lomba foi de empate a uns, un resultado que os de Tizón intentarán mellorar para afastarse un pouco máis da zona vermella.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.