O Concello de Ribeira foi o encargado da degustación que ofreceu Arousa Norte na derradeira xornada de Xantar 2017. A proposta chegada desde este concello coruñés consistiu nunha selección da variada oferta conserveira da zona, entre a que non faltaron nin mexillóns e xoubas, entre outros produtos conserveiros. O alcalde de Riveira, Manuel Ruíz Rivas salientou a “estupenda acollida das nosas propostas gastronómicas que ocuparon un posto de por si neste Xantar 2017, converténdose nun dos seus principais atractivos e causando sorpresa e admiración ante a calidade e sabor dos nosos produtos”.
Xantar 2017 pecha este domingo as súas portas despois de catro xornadas nas que a afluencia de público foi constante. A xerente da entidade valorou especialmente “o interese espertado pola nosa zona entre o público que se achegaba, non só a degustar a nosa marabillosa gastronomía, senón a preguntar pola nosa situación, ademais dos atractivos turísticos dos nosos concellos”.
Arousa Norte participou en Xantar 2017 con catro propostas gastronómicas en torno aos productos do mar e da terra de Arousa Norte que presentaron a modo de degustación os catro concellos que a conforman: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira. Ademais, a entidade organizou o showcooking Gastronomía para os sentidos, conducido polo cociñeiro natural de Riveira, Iñaki Bretal.
AROUSA NORTE pecha a súa participacion en XANTAR 2017 cunha selección da industria conserveira da zona
Please login to join discussion