O Concello de Lousame mellora o seu período medio de pago a provedores no cuarto cuadrimestre: 10,43 días

O Concello de Lousame celebrou esta tarde “un pleno anómalo”, como o cualificou a propia alcaldesa, Teresa Villaverde. Unha sesión á que finalmente non asistiron, ben por razóns persoais ben por enfermidade, un total de 6 concelleiros: 2 do grupo municipal popular, os 3 concelleiros do grupo socialista e o concelleiro do BNG, baixa de última hora.
Así as cousas, a sesión desenvolveuse con catro concelleiros do Grupo de Goberno, xa que o Pleno tomou coñecemento no seu primeiro punto da orde do día da renuncia ao seu cargo do quinto concelleiro presente na sala, José Rodríguez Cao do Partido da Terra. Ante a ausencia do resto da corporación, o pleno aprobou a acta da sesión anterior e deuse conta das resolucións da Alcaldía do número 690/2016 á 10/2017. Neste punto, Teresa Villaverde anunciou que “no último cuadrimestre melloramos moito o período medio de pago a provedores, baixándoo ata os 10,43 días, unha cifra moi por debaixo do trimestre anterior”.

https://www.youtube.com/watch?v=kOu4rds4jC0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.