Deputación Da Coruña

O pleno da Deputación insta ao Goberno do Estado a aprazar a obrigación de contratar tesoureiros nos concellos máis pequenos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade unha declaración institucional instando ao Goberno do Estado a aprobar unha prórroga da medida imposta polo Ministerio de Facenda, que establece a obrigatoriedade de que todos os concellos conten con tesoureiros habilitados nacionais.
A prórroga solicitase ata para os concellos de menos de 5.001 habitantes e ata que haxa convocatorias públicas suficientes para cubrir os novos postos de tesoureiros, ou se modifique a Lei de Bases de Réxime Local. Así mesmo, a institución provincial solicita que, no caso de reforma da Lei, tamén se elimine a obrigatoriedade en todos os concellos de menos de 20.000 habitantes.

Neste primeiro pleno de 2017, a Deputación deu tamén luz verde á primeira fase do Plan de Conservación de estaradas, dotado con 7.635.069, 63 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.