Muros

Juan José Dieste Firma Un Convenio Co Arzebispado Que Permitirá Actuacións En Cures.

O Alcalde e D. Dictino Maceira Fernández apoderado do Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron este documento en presenza do Arcipreste D. Ricardo Villaverde Gondar e o párroco D. Marcelino Barros Redondo.
O convenio recolle a cesión de dúas parcelas propiedade do Arcebispado, unha de 501,98 m2 e a outra de 1.434,33 m2 de terreo nas inmediacións da igrexa parroquial de San Andrés de Cures que permitirán as actuacións de mellora neste entorno.
O Concello pretende desenvolver este proxecto en duas fases, na primeira crearase un novo espazo público de aproximadamente 500 m2 con pavimentación en lousa de propiaño, a construcción dos muros de delimitación e unhas escalinatas de acceso e baixada da praza hacia a calzada, tamén a recuperación do hórreo existente.
Na segunda fase será a construcción do novo aparcadoiro nunha franxa de terreo de 1,434,33 m2 cubrindo un espazo lonxitudinal ao longo da estrada de aprox. 200 m., que permitirá a veciños e feligreses deixar os vehículos preto da igrexa e ancheamento do vial.
A previsión de inversión achégase aos 170.000 €., contando con poder empezar acometer as obras de seguido tan pronto se dispoña de todos os permisos pertinentes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.