Icono del sitio CanalBarbanza.com

PEPE BARRIO E MARÍA BARRIO COLÓCANSE COMO LÍDERES DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INCLUSIVO DE MOTONÁUTICA GRUPO DAVILA

Esta fin de semana arrancou en Protosín o Campionato Galego e de España Inclusivo de Motonáutica Grupo Davila. E as dúas competicións contan xa cos seus primeiros líderes: os locais Pepe Barrio e María Barrio Bouzas.

As augas da ría de Muros e Noia acolleron esta primeira proba dos campionatos na que se deron cita 13 equipos. A proba transcorreu sen problemas. Primero preparouse o campo da proba preto do porto deportivo de Portosín coa instalación dunha gymkana cuxo trazado se tivo que navegar nun tempo estimado de 2 minutos 45 segundos. E a tripulación que máis se achegou a ese rexistro foi a noiesa formada por Pepe Barrio e María Barrio Bouzas.

A dupla parou o crono en 2minutos 47 segundos. A segunda praza foi para José Francisco Iglesias e María Barrio, que tardaron só un segundo máis en completar o percorrido. Mentres que o bronce foi para Enrique Dios e María Barrio.

Tras o campionato vivido nas augas que bañan o náutico de Portosín foi a quenda da entrega de premios, tamén os correspondentes ao 2024 tanto do Campionato Galego como do nacional desta modalidade. E nas dúas competicións houbo coincidencias. O ouro foi para José Luis Álvarez e Gonzalo Eugenio, a prata para Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas e o bronce recaeu en Enrique Dios e Joaquín Barrio.

A seguinte proba do campionato desde 2025 desenvolverase esta fin de semana en Outes.

Salir de la versión móvil