Un total de 115 persoas encheron a alameda de Noia para a xura de bandeira organizada polos militares da EVA 10. O acto comezou coas palabras do general xefe do Sistema de Vixilancia e Control Aéreo, que destacou a tradición coa que contan as xuras de bandeira, que se remontan á Antiga Roma.
Baixo o berro de Si, Xuramos, máis de cen persoas desfilaron na Alameda para bicar a bandeira nacional comprometéndose co benestar da nación.
O acto enmárcase no 40 aniversario do EVA 10, que cumpre anos o 6 de novembro. Unha base militar que, segundo o alcalde de Noia, trouxo á vila prosperidade, dinamismo e riqueza.
Para rematar o evento, soou o himno de España e os militares participantes comezaron un desfile polas rúas próximas á Alameda.

