O edificio do Casino de Noia abriu as súas portas este venres para acoller a presentación do libro “As minas dos ingleses: San Finx” de Joám Evans. Nesta ocasión o acto mensual da AC Barbantia afondou neste traballo que conta co Premio Investigación Buxa 2023-2024. O libro remóntase ao 1897 sendo a familia Burbury, de Inglaterra, a primeira propietaria das Minas de San Finx e abarca a súa historia ata a I Guerra Mundial.
NOIA COÑECEU EN PROFUNDIDADE O QUE ESCONDE “AS MINAS DOS INGLESES: SAN FINX”, LIBRO DE JOAM EVANS


