Comeza o proceso selectivo para a contratación en RIVEIRA de 12 auxiliares de policía local ao longo do 2017

O Concello de Ribeira inicia o proceso selectivo para a contratación temporal de doce auxiliares de Policía Local ao longo do 2017, o proceso realizarase a través do proceso de selección de oposición libre, de auxiliares que desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio ós membros do Corpo da Policía Local, no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade.
As contratacións iranse realizando ao longo do ano natural 2017, e realizaranse en función das necesidades que teña este municipio en determinados períodos estacionais, coa previsión de 12 auxiliares de Policía Local para o ano 2017.
Esta listaxe terá unha duración máxima dun ano natural, é dicir, soamente estará vixente durante o ano 2017, isto, sen prexuízo de que, en calquera momento, o Concello poida acordar a súa extinción mediante a convocatoria dun novo proceso selectivo.
Para poder tomar parte neste proceso presentarase instancia no Concello durante un prazo de 10 días naturais. O modelo das instancias está a disposición de todos os interesados na páxina web www.riveira.gal.

https://www.youtube.com/watch?v=s3qDbsiKf9I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.