O Noia Destacou No Fútbol Do Barbanza Cunha Das Vitorias Máis Difíciles Da Tempada

Foi unha das vitorias máis difíciles da tempada e tamén a máis gratificante. O Noia suou, e moito, para vencer ao Escairón (3-2) nun encontro moi entretido pero cuns puntos importantes pois os pupilos de Joaquín Miguéns atrapan o liderado ao caer onte o Mugados por 3-2 en Chantada. O xogo dos noieses foi moi vistoso e creando moito perigo. Durante os 90 minutos tiveron máis oportunidades que o contrario, segundo apuntaron fontes do conxunto local, pero non as materializaron.
No tramo final, os de Miguéns puideron aumentar a vantaxe pois un defensor sacou un balón na mesma liña de gol co porteiro xa batido.

O Lavercas polaa súa banda entrou máis enchufado no encontro. Sen facer un fútbol doutro mundo pero si cunha gran pegada, perforou a meta de Lorenzo. Antes marcar o primeiro gol, os do Morrazo xa avisaron cunha vaselina de Gustavo que a mandou fóra. Eran os preludios do primeiro tanto. Castela enganchou un disparo desde a frontal que sorprendeu a Lorenzo que estaba tapado polo seu defensa. Era o fatídico minuto 13, Once minutos despois, de novo un disparo desde a frontal bicaba as mallas, Pablo Berros foi o seu autor. O Boiro careceu de recursos e finalmente obtivo un marcador de 2-0 a favor do Alondras.

Un bo Atlético impúxose con moito sufrimento ao Sada. O Atlético Ribeira está atravesando un momento doce, tanto de xogo como de resultados. O equipo da capital barbancesa sacou onte un partido adiante con moito sufrimento (2-1) ante un Sada que lle puxo as cousas moi difíciles desde o asubío inicial.
A primeira parte comezou con dominio alterno e con moito xogo no centro do campo. Os dous equipos apenas se achegaban con perigo ás áreas rivais, aínda que os locais apertaban algo máis.

http://youtu.be/Hyke5ewRZxo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.