A industria boirense recibiu onte unha peculiar visita. O alcalde da localidade caboverdiana de Tarrafal acudiu ata a vila para manter un encontro co rexedor de Boiro e coñecer máis sobre a actividade do sector do mar alí desenvolta.
A reunión encádrase no proxecto Apoio ao Desenvolvemento Económico Local do Municipio do Tarrafal, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Un encontro que sorprendeu ao alcalde boirense polo alto potencial que posúe Tarrafal.