Este domingo o remo protagonizou a xornada en Ribeira. O campo de regatas do porto local ao faro Lajareu encheuse de bateis de clubs da Liga Norte chegados de diferentes puntos da provincia coruñesa. Preto de 500 participantes lanzáronse ás augas para facerse coa VII Bandeira Concello de Ribeira na que houbo un gran protagonismo comarcal.