Deportes

TRES PUNTOS DE OURO PARA UN CIDADE DE RIBEIRA QUE SUBA Á TERCEIRA PRAZA

Tres xornadas sen gañar eran as que acumulaba o Cidade de Ribeira antes de recibir ao San Tirso. Precisaban dunha vitoria urxentemente se querían manterse nos postos de play off, máis aínda contra un rival directo.

O escenario era idóneo, ante os seus e estreando unha camiseta que, como peculiaridade, recolle os máis de 250 lugares do termo municipal ribeirense.

Malia afrontar o partido como unha final, o Cidade tivo que comezar remando dende o inicio, xa que á media hora Carlos Díaz adiantaba aos visitantes mediante o balón parado. Tocaba sufrir para os de Manuel Ángel Pena, e menos de dez minutos minutos conseguirían o empate cun tanto de Torito.

Foron a vestiarios co empate a uns no marcador, e pasados 30 minutos do segundo acto Alberto Romero culminaba unha remontada vital para os de Ribeira.

O triunfo serve ao Cidade para ascender á terceira posición logo da dura derrota do Sigüeiro ante o Sofán. O seguinte compromiso dos ribeirenses será o domingo 30 no feudo da SD Pol.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.