O CLAMOR SOCIAL ATEIGOU A POBRA EN CONTRA DE ALTRI

O tempo non acompañaba o sábado na manifestación convocada pola PDRA e outras asociacións contra a celulosa Altri. Non foi motivo para disuadir aos milleiros de manifestantes en terra e ás centas de embarcacións no mar na Pobra do Caramiñal.

Unha manifestación contra Altri que foi das máis secundadas. O número de asistentes varía en función das fontes. 20 mil segundo a Policía e 50 mil en cifras da organización. A situación no mar foi un nunca visto na Pobra, entre 500 e 600 naves encheron a ensenada e fixeron resoar as bocinas protestando contra Altri.

PDRA, Plataforma Ulloa Viva e Plataforma Mina do Touro-O Pino non foron as tres entidades convocantes. Apoiándose na crise climática e a carestía de auga a nivel global, puxerono foco na xestión da Xunta coa industria en Galicia. Pediron ademais a dimisión do conselleiro do Mar e das titulares de Economía e Medio Ambiente.

Salir de la versión móvil