ANA PELETEIRO CONSEGUE UN BRONCE NO TRIPLO SALTO NO MUNDIAL DE ATLETISMO

Novo éxito para Ana Peleteiro, que desta vez volve dos mundias de atletismo na China cun bronce en triplo salto. Unha terceira posición que para a ribeirense semellaba irreal a principio de ano polas fortes dores no seu xeonllo.

E é que as molestias foron unha constante dende o inicio da competición. Peleteiro deu o ouro por perdido xa dende o comezo pola lesión e polo alto nivel das súas competidoras.

Co obxectivo de ir a pola prata, Ana Peleteiro pecha unha temporada de pista cuberta cun ouro europeo e un bronce no mundial.

Salir de la versión móvil