A Federación de Empresarios do Barbanza firmou un convenio con ABanca para ofrecer a socios da patronal os servicios financieros da entidade bancaria.

O presidente da Federación de Empresarios da Barbanza José Ramón Romero e o director da zona de ABanca, Jesus Soto Carballeda deron conta esta mañá dos termos de este acordo. Dende a Federación apuntan que con este convenio se trata de apoiar ós asociados dándolle as vantaxes posibles.
Por parte da entidade bancaria destacan que se trata de cubrir as necesidades dos empresarios da Barbanza facilitando a oferta de servicios así como a financiación por parte dos empresarios ós clientes.O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da Barbanza asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes e empresarios da Barbanza a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta federación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.
Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

https://www.youtube.com/watch?v=22nA_mTbiro

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.